Soporte remoto
aplicación

Xoias é unha suite de aplicacións que funciona en ámbito Windows, especialmente deseñada para ter en conta as necesidades de calquera empresa de xoiaría, bisutería e complementos, dende a pequena tenda ata as grandes cadeas, pasando por fabricantes e almacéns de xoiaría.

Base de datos
Núcleo de Xoias de almacenamento de todos os datos necesarios para o funcionamento da aplicación.

Xoias HQ
Xoias HQ é o elemento principal dende onde se xestiona todo o funcionamento administrativo, loxístico e comercial, como por exemplo produtos, materias primas, clientes, tendas, persoal, etc.

Opcións:

Xoias QR
Opción de Xoias HQ para consulta e xestión de reparacións.

Xoias Multistore
O módulo Xoias Multistore ou módulo de comunicacións mantén actualizados os datos en tempo real de xoiarías multitenda, na aplicación central Xoias HQ.

Complementos:

Xoias Producción
Este módulo foi especificamente deseñado para empresas de fabricación e talleres de reparacións. Xoias Producción complementa a aplicación central con todo o necesario para xestionar e controlar os procesos de fabricación: dende ordes a control de materias primas, produtos rematados, modelos, cauchos, tempos e procesos.

Xoias Mayorista
Para empresas de venda por xunto créase o módulo Xoias Mayorista cubrindo as necesidades dun almacenista en relación á documentación, xestión comercial, préstamos e xénero apartado. Dotado dun portal para exposición en internet, imprescindible para a venda de hoxe en día.

Xoias Pymes
Este complemento permítelle xestionar dende Xoias HQ varias empresas de forma independente.

Xoias POS
Esta aplicación está orientada á venda directa. Xoias POS está especialmente desenvolvida para os terminais de punto de venda, nela sintetízase de forma clara, intuitiva e sinxela todo o proceso de venda e postvenda con interese na xestión e seguimento de reparacións, mercadoría reservada, préstamos e créditos.

Opcións:

Xoias Link
Para finalizar e sen ser o menos importante, o módulo de comunicacións Xoias Link mantén actualizados os datos en tempo real de xoiarías multitenda na aplicación central.

Powered by: Iterdata
© Xoias 2013
Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Acepto | Máis información