Soporte remoto
equipos

Equipos ou PC (acrónimo do inglés: "Personal Computer" ou ordenador persoal).

  • Ordenador de sobremesa: PC deseñado para estar colocado permanentemente nun mesmo posto. Require de pantalla, teclado e rato para ser operativo.
  • Portátil: ordenador personal transportable, cun peso e tamaño reducido, que pode realizar as mesmas tarefas que se realizan coun de sobremesa. Teñen a capacidade de traballar sen estar conectados á rede eléctrica, dependendo da autonomía de cada modelo.
  • TPV integrado: ordenador con pantalla táctil integrada, deseño ergonómico e compacto, resistente para poder ser exposto mesmo en ambientes ásperos. Moitos modelos poden ser colgados na parede ou postos nun soporte.
  • Tableta: ordenador portátil que usa a pantalla táctil como dispositivo de entrada de datos e unhas dimensións e peso moi reducidas. Estanse convirtindo nas novas extensións dos ordenadores, ao poder incorporarlles teclados externos que facilitan a introducción de datos.
  • Smartphones: teléfonos móviles que incluen funcionalidades máis avanzadas que exclusivamente realizar chamadas de teléfono. Son os "portátiles" de mínimas dimensións.

 


cal é a mellor opción?

Para xoiarías pequenas cun espazo de traballo reducido unha boa opción é decantarse por un TPV integrado na zoa de atención ao público e dispoñer dun ordenador de sobremesa na oficina dende onde poder xestionar máis comodamente as tarefas administrativas.

O ordenador portátil pode ser moi interesante para persoal cunha alta mobilidade, así como as tabletas e os smartphones, pero éstos con menores prestacións.

sistema operativo

O sistema operativo é o conxunto de programas que conforman o software básico que nun sistema informático xestiona os recursos do ordenador, coordinando os diferentes elementos do hardware e prové servizos aos programas de aplicación.

Xoias instálase en:

  • Windows 7 home premium: a versión máis básica de Windows 7 que se comercializa en tendas.
  • Windows 7 professional: unha versión máis completa con protección de datos e copia de seguridade avanzada, impresión en rede e rede administrada con soporte de dominios.
  • Windows 7 ultimate: maiores aplicacións que en professional relacioadas coa protección de datos e seguridade tanto en discos duros internos como externos.

cal é a mellor opción?

Con ter Windows 7 home pode ser suficiente para xoiarías pequenas. Tendo en consideración o precio é máis económica esta versión que calquera das outras.

No caso de cadeas ou almacéns de xoiarías nas que hai ordenadores traballando en rede pode ser necesario instalar Windows 7 professional ou ultimate, posto que é necesario xestionar permisos de acceso específicos para cada  usuario ao ter carpetas compartidas en rede.

Powered by: Iterdata
© Xoias 2013
Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Acepto | Máis información