Soporte remoto
impresoras

As impresoras son dispositivos ou periféricos de saída de información dun ordenador mediante a impresión en papel. Podémonos encontrar con:

  • Impresoras térmicas: cun custo por copia baixo ao non requirir de máis recambios que o papel, son silenciosas, rápidas e permiten a impresión de códigos de barras e logotipos. O principal inconveniente é que a durabilidade da impresión é baixa debido ao desgaste do papel.
    • De transferencia térmica directa: impresión mediante calor sobre unha fita de resna, cera ou ambas as dúas sobre a etiqueta que ao arrefriar fai que o código de barras luza perfecto.
    • Térmicas: prezo por copia reducido ao non ter consumibles como tinta, toner ou fitas de resina. Non obstante ao usar calor directamente sobre a etiqueta fai que coa luz do sol rematen escurecéndose ata resultar ilexibles.
  • Impresoras matriciais: cun custo por copia baixo (requiren de tinta ademais de papel) e cunha duración da impresión moi alta, son ruidosas, lentas e non permiten a impresión de códigos de barras nin logotipos.
  • Impresoras de inxección de tinta: funcionan enchendo finas gotas de tinta sobre ou papel. Adoitan ter un prezo inicial máis alcanzable aínda que o custo de mantemento superior por cada recambio que se faga.
  • Impresoras láser: usan un raio concentrado de luz para transferir texto e imaxes ao papel. Cun prezo de compra superior teñen un custo por copia moi baixo.


cal é a mellor opción?

  • As impresoras de inxección de tinta, matriciais e láser son ideais para a documentación, sempre tendo en conta as necesidades de impresión que haxa, xa que no caso dun gran volume de impresión supón que ter unha impresora láser sexa a mellor elección, aínda que o custo de cambiala no caso de que haxa que substituíla sexa superior. Por outro lado as impresoras matriciais áun tendo un custo por páxina reducido cada día van deixando paso ás modernas impresoras de tinta e láser, ao ser estas menos ruidosas e lentas.
  • No caso da impresión de etiquetas onde se usan códigos de barras de tamaño moi reducido perfectamente nítidos e lexibles a mellor opción é a impresora de transferencia térmica. Hai que ter en conta o deseño característico das etiquetas de xoiaría, para os que non están adaptados ningún dos formatos anteriores.
Powered by: Iterdata
© Xoias 2013
Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Acepto | Máis información