Soporte remoto

Os reloxos suízos non entenden de crise
As exportacións de reloxaría suíza medraron case un 17% no que vai de ano.

A cifra de negocio alcanza os 1.640 millóns de euros, segundo datos facilitados pola federación da industria reloxeira suíza (FH) nun comunicado. Estes resultados obtéñense a pesares de que algúns mercados non viven o seu mellor momento, como é o caso de China e Hong Kong. Curioso resulta ver como algúns países europeos, malia á forte recesión económica que atravesa o continente, incrementaron de forma considerable as súas adquisicións de reloxaría suíza. Falamos de Francia, Italia e Alemaña.

O máis buscado son os reloxos de maior valor, fabricados esencialmente con ouro, e tamén os de aceiro.
  Atrás
Powered by: Iterdata
© Xoias 2013
Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Acepto | Máis información