Soporte remoto

"Pensar con las manos", unha exposición protagonizada pola cestería, cerámica e xoiería de Galicia.

Este proxecto nace para dar valor, singularidade e autenticidade á artesanía galega, ao mérito para realizar produtos a man, e é que marcas recoñecidas mundialmente como  Loewe ou chefs con estrelas  Michelin,admiran e recoñecen estes traballos ademais de, nalgúns casos, como é a firma mencionada anteriormente, colabora con  Idoia Costa,  autora de pezas de cestería recoñecida internacionalmente.
"Pensar con las manos" ofrece unha visión renovada das técnicas de artesanía. Na exposición poderemos mergullarnos nunha viaxe polo tempo desde o século  XXI á idade de ferro admirando unhas 250 pezas aproximadamente grazas á colaboración de 24 xoieiros, 17 ceramistas, 13 artistas de cerámica e 8  cesteros.
A visita está orientada a todo tipo de públicos na que se ofrecerán demostracións de artesanía, charlas ou diversas actividades vinculadas á práctica e a técnica destes oficios.

  Atrás
Powered by: Iterdata
© Xoias 2013
Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Acepto | Máis información